CAMPO DE PONTECELA

Aquí naceu o Boado FC.
Este campo, ata agora de herba natural, viu caer derrotados equipos como o Trasmiras, o Porqueira, o Límico ou o todopoderoso Antela.
Agora, despois de moitos esforzo, o clube amósavos as imaxes das obras que se están realizando para acondicionar o estadio boadés.
Cómpre dicir que se fai grazas á colaboración do todo o pobo, que recordamos, non supera as 70 perosas, que destinou unha importante partida orzamentaria para que os mozos do pobo puidesen practicar deporte e así levar o nome da aldea polo País adiante.
O Boado FC xogará esta campaña nas instalacións municipais de Xinzo de Limia."A  Moreira" acollerá as derrotas, triunfos ou empates do Boado FC como local. 
(Vista do campo dende o túnel da autovía, pódese ver a porta de entrada , e ao fondo, a grada e as casetas para gardar o material do clube)
(Vista dende a pista de Pontecela, mirando cara Boado. Vemos a rede que delimita o campo e a gran explanada onde rodará, algún día, o balón)

(Caseta do campo, en remodelación)
(Aceso á zona do bar)