O + MELLORCando se acaban os adxectivos e non hai repertorio para agradecer o apoio da xente que se fai?
Pois no Boado FC non sabemos como agradecer á toda a familia laranxa tanto esforzo.
Patrocinadores, xogadores, corpo técnico e por riba de todo, a afección.
Ir de Boado a Bande e papar frió: 25 quilómetros.
Que o Boado lle meta 6 e que esta xente o poida ver: non ten prezo.
GRAZAS
O MOMENTO EMOTIVO
Cando o Delfín levantaba os brazos cara o ceo para dedicarlle o seu primeiro gol co clube da súa vida a quen fora primeiro socio, presidente de honra e seguidor/sufridor, o seu pai Tino, quen resprentaba coma ninguén os valores do Boado e nos deixaba no outono de 2011.
A afección secundou o tributo cun emotivo aplauso.
O MELLOR
Os dianteiros do Boado demostraron a súa vaía. Marcaron os tres titulares e dous dos suplentes.A efectividade defensiva.
Manter a portería a cero outra vez, cun Iago pletórico.
O PEOR
Os primeiros 20 minutos non se viu o Boado de case sempre
A lesión do Pisto
AS DESCULPAS
O BOADO FC quere pedir desculpas pola parte que lle toca nun pequeno altercado entre un membro do seu corpo técnico e uns afeccionados. Sinceramente, desculpas.
OS PUNTOS
(Esta sección inventouse para destacar ós 5 mellores, por orde, de cada partido, pero hai días, coma hoxe, nos que é imposible facelo)
5 PUNTOS: TODO O EQUIPO: Non sería xusto destacar un nome por riba dos outros, hoxe non.
IAGO: Partidazo, dous paradóns.
PULGUI: Seguro e entregado.
IVÁN: Perfecto defensor.RAMÓN: Humildade e corrección
PISTO: Calidade e pundonor.
PABLO: Orde e saber estar
MONTY: Empeño e fútbol.
PIMBA: Desiquilibrio, asistencia e golazo.
DIEGO: Golazo e xogador superior.
PISHAS: Reaparece e rendemento altísimo. Gol.
MIRANDA: Reorganización e equilibrio.
KOLEGA: Forza e entusiasmo
KHALID: Pura raza galega. Dous goles.
DELFÍN: Humildade, nervios e gol.
SANTI: Compromiso co equipo e asistencia.
SERGI: Aire fresco e predisposición.
MÁIS PUNTOS
PUNTOS POSITIVOS para a idea de reunirnos no bar Minero. Bonito encontro pre-partido.
PUNTOS NEGATIVOS para os que leva o Santi no seu coche con centralita. Aquí os podedes ver.



Sem comentários:
Enviar um comentário