Terça-feira, 5 de Março de 2013

BOADO MIS 2013, XA NA RÚA

Amig@s!!
O Boado FC escribe hoxe, para vós, unha nova páxina na súa curta pero intensa historia.

Presentamos aquí o..... BOADO MIS 2013.
Para os puristas, dicir que o "MIS" é o diminutivo de MISTURA.

Antes de nada, moitas grazas a todas e todos por participardes. Foi unha festa e un pracer levar adiante esta argallada.

Este dobre CD recolle os 55 temas que identifican á familia boadesa. Temos dende ska ata rock, dende regueatton (só unha canción) ata o hard core do Pisto, temos himnos en galego, en alemán, temos cancións do Xabarín, temos... temos .... temos de TODO.

E isto todo é o regalo que vos quere facer o Boado FC por estar aí, por ser parte da "Pataca Mecánica".

Todos os que participastes levaredes o voso dobre CD, e ademais, quen o queira, tamén o terá, para iso estamos.

O pack componse de:
-Unha funda para dous cedés personalizada, co escudo do Boado.
-Unha lista coas cancións e o grupo que as toca
-Dous CD´s:
    - O primeiro, de 22 cancións, rotulado en azul, coa pegatina do escudo
    - O segundo, de 23 cancións, rotulado en vermello, coa pegatina do escudo.


  Para o Boado é un día especial, dende hoxe a historia do clube da pequena aldea limiá xa ten Banda Sonora  Orixinal para acompañar as súas aventuras

Sem comentários:

Enviar um comentário