Sábado, 2 de Março de 2013

A BANDA VAI A BANDE

Mañá, domingo, o Boado visitará o campo do Bande a partir das 16:30, para medir as súas forzas.

O equipo do Julio volveu esta semana ó liderato, algo que non lle ten vido moi ben ó equipo laranxa, porque nas últimas dúas ocasións que o acadou perdeuno inmediatamente no partido seguinte. Será a presión ou será casualidade, pero pasou.

Visitan os pataqueiros un difícil campo como o do Bande, que foi, segundo coinciden todos os xogadores, o equipo que mellor xogou ó fútbol no que vai de ano, e o que máis exixiu ós laranxas, que para gañar tiveron que faer o mellor partido da tempada.

O Bande parece que se reforzou esta mesma semana cun novo efectivo.

O Boado, pola súa banda, terá, unha vez máis, numerosas baixas.
Parada e Julio Fandinga por temas persoais.
Por unha viaxe non estará Iván de Castelaos. Por traballo o Vispo. Por lesión o Raúl e o Vila.

Polo resto, viaxarán 17 xogadores, porque dous deles, (Villa e Kolega) seguen aqueixados dos seus nocellos.
A grande sorpresa da convocatoria é a irrupción de Khalid, recén chegado da súa estancia en Marrocos, onde recibiu tratamento específico para o seu xeonllo, que avaliará en Bande.


O Pulgui xogará así na súa terra paterna.

Así, a convocatoria é:
PORTEIROS: IAGO e VILLA
DEFENSAS: MONTY, PISTO, RAMÓN, DELFÍN, SANTI, PULGUI, E KHALID
MEDIOS: IVÁN FANDINGA, MIRANDA, KOLEGA, PABLO C., E PABLO L.
DIANTEIROS: DIEGO, SERGI E PISHAS

Esta semana cámbiase a rutina para a quedada. Farase ás 14:30 no Avenida, para trasladarse a Rairiz, onde se xuntarán ambos lados do canal no Minero, ás 15:00.
No campo hai que estar ás 15:30.

Sem comentários:

Enviar um comentário