Segunda-feira, 20 de Maio de 2013

ASÍ QUEDA A COUSA

Esta é a clasificación final da Liga.
O Boado remata no máis alto ó adiantar ó Antela no último partido. Os dous equipos limegos ascenden.
O Piñeira tamén tivo que esperar ata o último partido para conseguir o seu obxectivo, a permanencia, que se consegui onte ó vencer ó Sande. Noraboa.
O Porqueira e o Cualedro despídense da categoría condenados por sendas primeiras voltas nefastas.

A camaradería entre os 5 equipos limiaos foi case absoluta, así que NORABOA ós 5.



CAMPIÓNS!!!

O BOADO vén de facer historia.
O pequeno equipo limiao escribiu esta tarde o último capítulo dunha historia marabillosa e case incrible.
Fomos vivindo tod@s cada parte do conto, os comezos planificando o equipo, aquela pretemporada de malos resultados, o bo xogo do principio da liga, o título de "Campións de Inverno", as victorias nos derbis, a derrota de Paderne, a eliminación en Copa... e agora parece que remata o conto.

E ó final?
O BOADO FC é campión da categoría. E podemos dicir que con todo merecemento.


E aquí vemos a celebración. Esta vez cambiamos a carroza laranxa polo camión do Fernadno, e vén valeu.

GRAZAS a toda a xente por este ano marabilloso.
Xogadores, corpo técnico, amigos, familia, directiva, afección.... GRAZAS.

Domingo, 19 de Maio de 2013

HOXE HAI FESTA NO CAMPO

Coma tódolos anos, o Boado FC quere convidar a toda a súa familia a unha xuntanza para despedir o ano.
Con este o pequeno equipo limiao cumpre 4 anos, un rapaciño aínda.

Así que se eres do Boado (ademais de darche a noraboa por selo) hoxe está convidado ou convidada a merendar no campo, será ó acabar o partido.

É o broche perfecto a un ano case perfecto!

A ÚLTIMA PREVIA DO ANO

Hoxe xoga o Boado o último partido da tempada 2012/2013, será a partir das 17:30 contra o Soutopenedo.
O míster Julio convocou a tódolos dispoñibles. Serán baixa o Pisto e o Pishas, ambos sancionados.

O rival, Soutopenedo, vén disposto a non encaixar e marcar, e conseguir así ser o equipo menos batido do ano, que actualmente ostenta o Boado.

A tarde non invita moito ó fútbol, pero xoga o Boado, e iso xa é motivo de festa!!

Hai que estar no campo ás 16:30, e quen queira tomar café, que vaia antes polo FENTOS.

Quinta-feira, 16 de Maio de 2013

OS SOBRES DO BOADO

Os xogadores recibirán, ó remate do próximo e último partido un sobre que contén unha sorpresa.
É o pagopor unha tempada incríble.

É unha primicia, ninguén saberá de que trata ata que se abran...

Aquí está a proba de que é certo:



Terça-feira, 14 de Maio de 2013

OS PUNTOS DO JULIO (ABRIL)


Un mes máis temos aquí os puntos que lle da o míster ó nosos xogadores.
Abril foi un mes difícil para o equipo, onde xogamos contra o Paderne, Porqueira, Riós e Viana.
O gañador do mes foi (por fin) o Vila, seguido do Fali e do Iván de Castelaos.

-Faltan os puntos do Pimba-

E aquí temos a puntuación do mes e tamén a total provisional, onde faltan os partidos de Maio (Maceda, Entrimo e Soutopenedo -por xogar).

Deste xeito as primeiras cinco posicións son estas:

1º PABLO DE CURRÁS (91)
2º PISTO (88)
3º DIEGO (87)
4º VISPO (84)
5º IVÁN FANDINGA (79)

Segunda-feira, 13 de Maio de 2013

OS PUNTOS E +


O CHISTE (Do Vila)
Un tío na taquilla do cine.
- Dame unha entrada.
- Pero se xa che vendín 4...
-Xa oh! Dillo tu ó tipo da entrada, que mas rompe todas.






A ANÉCDOTA
O Monty segue lesionado.
O Pisto acabou expulsado.
O Vispo foi substituído.
O Kolega foi substituído.
Non estaba o Delfín, nin o Pimba, nin o Parada nin o Villa sobre o campo.
Así que o Iván de Castelaos asumiu a capitanía do equipo. Foi un momento especial para el.








O MELLOR
A cantidade de ocasións que se xeraron
O traballo de todos

O PEOR
Que o Boado volve sacar un mal resultado en campos de terra.
Que se encaixaron dous goles e non se marcou
O baixón final do equipo
A rabia contra a arbitraxe


OS PUNTOS DO BOADO


5 PUNTOS:  PABLO DE CURRÁS Cambiou a súa posición e fixo un moi bo partido, a pesar de marcar en propia ó final.

4 PUNTOS:  RAMÓN: Actuou de lateral esquerdo e deu unha lección de sinxeleza no xogo.

3 PUNTOSIAGOPuido ter máis sorte nos goles encaixados, pero mantivo ó equipo no partido. Sacou dúas claras no primeiro tempo e unha cantada no segundo. 

2 PUNTOSPISTO:Tería máis puntos se non fose a expulsión.

1 PUNTO MIRANDA: O de Castelaos reapareceu despois dun mes de convalecencia. Apenas tivo ocasión de demostrar a súa valía, pero é unha moi boa nova.